Vertebra é un proxecto que nace ante a necesidade de procurar novos espazos para a música electrónica en Santiago de Compostela que estean fóra dos circuítos consolidados ata agora. Para iso, buscamos a confluencia das diversas esceas e colectivos da cidade nun evento no teñan cabida as propostas máis consolidadas, pero tamén as máis arriscadas. Vertebra non nace coma un evento estanco, senón coma unha resposta urxente ante a necesidade de procurar novos lugares para a electrónica na nosa cidade, e que busca evolucionar cara modelos máis achegados a autoxestión e libres das dinámicas que privan de seguridade aos nosos espazos. Nese sentido, toda forma de violencia será confrontada, e a organización atoparase dispoñible para atender toda situación de malestar que suceda durante o evento. En comunidade, podemos construír lugares onde coexistir e expresar as nosas paixóns.
Loading…
